NOTICIAS.

Directamente desde la redacción.

¡EXTRA!

A continuación, presentamos las noticias más destacadas.

HOMENAXE A ANTONIO CID CORTÉS

CONVÍDASE A TÓDOLOS INTERESADOS A PARTICIPAR NA HOMENAXE AO NOSO VECIÑO, ANTONIO CID CORTÉS, NO SALÓN DE ACTOS DO MOSTEIRO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO O MARTES DÍA 19 DEDECEMBRO DE 2023 ÁS 6 DA TARDE. 

PROXECTO "OURENSE RURAL É VIDA"

Coñeces Ourense Rural é Vida? É un proxecto no que 27 concellos -o noso entre eles- poden beneficiarse do asesoramento de técnicos especializados na innovación, a dixitalización e a sostibilidade como ferramentas para o emprendemento e a dinamización económica do rural.

Se queres saber máis desta nova iniciativa que conta co financiamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, visita a web ourenseruralvida.com e sigue as súas redes sociais en Facebook e Instagram!

Tes propostas, dúbidas, queres formarte ou emprender? A oficina técnica do proxecto está á vosa disposición no correo contacta@ourenseruralvida.es e no teléfono 657 833 540

#OurenseRuralÉVida #innovación #sostibilidaderural #concellosvivos

ADQUISICIÓN DE ESCENARIO DE 30 m² DE ALTURA REGULABLE

Subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e a mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais (DOG núm 24 do 3 de febreiro de 2023)

Total proxecto: 6.753 euros

- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: 3.143,52 euros
- Achega do Concello Xunqueira de Espadanedo: 3.609,48 euros

PARQUE INFANTIL EN PARDECONDE

Subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2023 (DOG núm 13 do 19 de xaneiro de 2023)

Total proxecto: 45.089,98 euros

- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: 36.071,98 euros
- Achega do Concello Xunqueira de Espadanedo: 9.018 euros

RENOVACIÓN DA ILUMINACIÓN DO EDIFICIO MUNICIPAL NO MOSTEIRO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

Subvencións da liña en concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2023, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm 19 do 27 de xaneiro de 2023)

Total proxecto: 7.401,60 euros

- Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Administración Local: 7.401,60 euros

AUDITORÍA MUNICIPAL DA REDE DE SANEAMENTO

Subvencións aos concellos destinadas á realización de auditorías municipais das redes de saneamento para a detección de infiltracións, (DOG núm 170 do 7 de setembro de 2022)

Total proxecto: 18.089,50 euros

- Consellería de Infraestruturas e Mobilidade - Augas de Galicia: 11.960 euros
- Achega do Concello Xunqueira de Espadanedo: 6.129,50 euros

ACONDICIONAMENTO DE INMOBLE MUNICIPAL

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia (DOG núm 11 do 17 de xaneiro de 2023)

Total proxecto: 20.628,02 euros

- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Instituto de Estudos do Territorio: 14.439,61 euros
- Achega do Concello Xunqueira de Espadanedo: 6.188,41 euros

ESTUDO ESTRATÉXICO PARA A CONTRATACIÓN CENTRALIZADA DA SUBMINISTRACIÓN ENERXÉTICA

Subvencións para a planificación estratéxica de entidades locais (DOG núm 52 do 15 de marzo de 2023). Atendendo a referida convocatoria os concellos de Xunqueira de Espadañedo, Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo, actuando como integrantes da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU), presentan unha solicitude conxunta de axuda para a execución dun estudo estratéxico para a subministración enerxética da entidade local, que contemple o fomento do aforro enerxético e, en concreto, a análise e posta en marcha dun proceso de contratación centralizado para os concellos, co fin de realizar a compra conxunta da enerxía.

Total proxecto: 16.032,50 euros

- Subvención da Axencia Instituto Enerxético de Galicia: 12.587,50 euros
- Achega do Concello Xunqueira de Espadanedo: 3.445 euros

ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DA ÁBSIDA DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas (DOG núm 33 do 16 de febreiro de 2023)

Total proxecto: 29.943,85 euros

- Subvención da Axencia Turismo de Galicia: 29.943,85 euros

FUNCIONAMENTO DO MUSEO DE NIÑODAGUIA - GASTOS DE MANTEMENTO, PERSOAL (guía e persoal de limpeza) E DINAMIZACIÓN

Programa provincial de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial para o exercicio 2023.(BOP número 15, xoves 19 de xaneiro de 2023)

- Subvención nominativa da Deputación Provincial de Ourense: 28.000 euros

Programa provincial de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial para o exercicio 2023

Programa provincial de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial para o exercicio 2023.(BOP número 15, xoves 19 de xaneiro de 2023)

- Subvención da Deputación Provincial de Ourense: 4.500 euros (BOP número 62, xoves 16 de marzo de 2023)

Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade

Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade (BOP número 15, xoves 19 de xaneiro). Subvención destinada á contratación dunha xestora cultural e dun peón de servizos varios.

- Subvención da Deputación Provincial de Ourense: 20.000 euros (BOP número 62, xoves 16 de marzo de 2023) 

Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de mocidade

Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de mocidade (BOP número 15, xoves 19 de xaneiro). Subvención destinada a actividades para a mocidade: diversión na rúa, concertos, talleres de manualidades, teatro familiar, danza...

- Subvención da Deputación Provincial de Ourense: 6.000 euros (BOP número 62, xoves 16 de marzo de 2023)

Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes

Subvención destinada a "Melloras no abastecemento de Xunqueira de Espadanedo". Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes (DOG número 34, xoves 17 de febreiro)

- Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: 46.000 euros
- Achega do Concello de Xunqueira de Espadanedo: 1.969,53 euros

CAMPAMENTO DE VERÁN EN XUNQUEIRA DE ESPADANEDO.

Datas: do 3 de xullo ao 31 de agosto.
Horario: 10:00 - 14:00H
Idades: 3 a 14 anos

Proyecto de ahorro y eficiencia energética en las zonas de A Caseta y Xunqueira de Espadanedo.

Un proyecto cofinanciado por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) y gestionado por el IDAE.

Elaboración do Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sostible.

Un documento que adapta e compromete ao Concello a acadar un futuro enerxeticamente responsable a través da loita contra o cambio climático.

SIEMPRE CONTIGO

APP DE NOTICIAS

La aplicación de noticias de Xunqueira de Espadanedo está presente en todos los dispositivos y formas de acceso a la información. Web y app, disponible para todos.

Bienvenidos a lo increíble™
Website desarrollada por Ingenion®
Ingenion