Actuacións de información, orientación e asesoramento a individuos, grupos e colectivos, e á comunidade en xeral sobre os dereitos e recursos sociais existentes.
> Ver máis servizos
Para o cumprimento dos obxectivos, os Servizos Sociais de Atención Primaria organizarán a súa actividade mediante o deseño, a execución e a avaliación de distintos proxectos de traballo social.
Podes chamarnos ao teléfono 988 291 050
Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións desde unha perspectiva integral e normalizadora aos cidadáns no seu domicilio naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal. Realizaranse os seguintes tipos de prestacións:
- Prestacións domésticas
- Prestacións de carácter persoal
- Prestacións familiares
- Prestacións técnicas
A axuda no fogar dirixirase prioritariamente a:
- Familia
- Persoas maiores
- Minusválidos
- Infancia
- Drogodependentes
Ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos.
Desenvolveranse as seguintes actividades:
- Accións de promoción e participación social
- Accións dirixidas a facilitar o acceso, permanencia e utilización dos recursos normalizados
- Xestionar as prestacións económicas e sociais establecidas
Ten por obxecto potenciar a participación das persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a vida social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado. Entre outras, destacariamos as seguintes actuacións:
- Apoio ao desenvolvemento integral comunitario
- Fomento do asociacionismo e participación prestando o oportuno apoio técnico
- Promoción de grupos de autoaxuda
- Potenciación das organizacións de voluntariado social
Este programa ten por obxecto a oferta dun aloxamento provisional daquelas persoas en situacións de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no seu propio fogar.
Desenvolverá as seguintes actuacións:
- Detección e análise da necesidade
- Xestión e seguimento dos casos
- Promoción de albergues, casas de acollida e cuantos outros equipamentos ou servizos sexan necesarios para facelo efectivo
Actuacións de información, orientación e asesoramento aos individuos, grupos e colectividades, e a comunidade en xeral sobre os dereitos e recursos sociais existentes. O estudo, avaliación e diagnóstico das demandas recibidas, derivación de casos e coordinación con outros profesionais.