Santuarios
Descobre lugares sorprendentes e coñece todos os seus detalles para ser un experto en Xunqueira de Espadanedo.
Todos os datos e información detallada para que o coñezas como a palma da túa man.
O municipio de Xunqueira de Espadanedo non é alleo á presenza tan marcada que a relixión tivo durante séculos en Galicia e que axudou a definir e influír na idiosincrasia da súa poboación.
A nosa localidade conta cunha ampla lista de patrimonio relixioso que, estando liderado polo mosteiro de Santa María, estende a súa tradición a elementos de diversa tipoloxía e estilo, tales como igrexas ou petos de ánimas, todas elas construcións de amplo arraigamento no carácter da Comunidade.
A rica historia do Mosteiro ou a fantástica arte que custodian os muros centenarios, fan do noso templo un lugar único en Ribeira Sacra. Se a iso unimos a oferta turístico-cultural desenvolta en torno ao cenobio ou o control do número de visitantes (capacidade de acollida) teremos no mosteiro Cisterciense de Xunqueira de Espadanedo unha cita ineludible co pasado monacal da Ribeira Sacra.
Para máis información sobre o mosteiro de Santa María, visita nesta web a súa sección oficial. Alí poderás atopar información de visitas, datos históricos, circuítos virtuais e moito máis.
Peto de ánimas de Paradela
No termo de Paradela atópase un antigo peto de ánimas. Estes pequenos santuarios son moi típicos en toda a xeografía galega.
Asentado sobre a base dunha pedra, da sección rectangular sae o seu corpo, de gran sobriedade, feito en sillería de granito, e sobre o que soamente destaca a cornixa superior moldurada, así como a base da capela, tamén con moldura.
O nicho ten un enreixado formado por tres ferros verticais, tendo o central un pequeno adorno.
No interior, carente de imaxe algunha, consérvase unha tapa de ferro que protexía as esmolas cunha fechadura.
O significado dos petos de ánimas provén da crenza popular galega acerca da continuidade das ánimas despois da morte e da existencia dun paso intermedio (o Purgatorio) para poder alcanzar o Ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida.
Posiblemente de todas as construcións populares, os petos de ánimas sexan as que máis importancia dan ao Purgatorio.
A finalidade destes elementos é que os vivos poidan ofrecer unha esmola para a salvación das almas en pena que debido á súa estancia no Purgatorio non poden achar o descanso eterno, podendo grazas a este acto alcanzar o Ceo. Unha vez liberadas, intercederán a favor de quen fixo a ofrenda. Deste xeito, o ritual da ofrenda non só procura a salvación das almas dos mortos, senón tamén a da alma propia. A esmola ofrecida pode consistir en diversos obxectos como flores, cera, patacas, millo, pan ou aceite,4 aínda que xeralmente esta é monetaria.
Un gran número destes pequenos altares eran construídos por devoción dun fregués ou polos veciños do lugar, portando algúns deles mensaxes destinadas a concienciar aos transeúntes que se topan con eles.
+ Espadana permíteche descubrir novos contidos sorprendentes e actualizados nas páxinas e canles oficiais do municipio ou dos nosos provedores.
Atópao todo en redes sociais, aplicacións e websites especializadas.