“É para min un pracer poder estar en contacto con todos vós a través desta nova páxina web. Internet é actualmente a maior porta da información, creando un universo de oportunidades que engrandece a creatividade do ser humano e amplía horizontes a todas as persoas. Por iso querémosvos mostrar o que somos e o que queremos ser.
Estamos inmersos nun importante proxecto de planificación e promoción turística que nos está convertendo nun Concello pioneiro en accións deste tipo, e todo cun único obxectivo, o cal non é outro que progresar conxuntamente con todos aqueles que vos interesades por Xunqueira de Espadanedo. Esperamos que gocedes cos seus contidos.”
Carlos Gómez Blanco. Alcalde