Parapente
Descobre lugares sorprendentes e coñece todos os seus detalles para ser un experto en Xunqueira de Espadanedo.
Todos os datos e información detallada para que o coñezas como a palma da túa man.
Desde hai décadas, existe unha tradición que marca o carácter do municipio de Xunqueira de Espadanedo: a paixón por voar. O noso Concello é un referente para os practicantes do parapente, grazas á gran extensión de paisaxes impactantes e reforzado polo vento de compoñente oeste que axuda á execución do voo. Poder sobrevoar durante horas as paisaxes de Xunqueira e da Ribeira Sacra, como os incribles Canóns do Río Sil, é unha experiencia única que non pode ser descrita desde terra.
Ademais, Xunqueira de Espadanedo continúa formando parte, como en moitas outras ocasións, do mismísimo Campionato Europeo de Parapente onde, na última edición, o esloveno P. Susa alzouse coa vitoria, seguido do francés C. Cazaux e pechando o podio o tamén esloveno J. Janduch.
Estes eventos, de ampla repercusión internacional, foron retransmitidos pola BBC, feito que permite facerse unha idea do alcance dos mesmos. Esta honra e orgullo non fan máis que alentarnos a continuar mellorando e dando soporte a todos os amantes deste emocionante deporte.
.
+ Espadana permíteche descubrir novos contidos sorprendentes e actualizados nas páxinas e canles oficiais do municipio ou dos nosos provedores.
Atópao todo en redes sociais, aplicacións e websites especializadas.