URBANISMO

Nas oficinas do Concello prestamos servizos de información e trámites referentes á área de urbanismo, ubicándose nelas o Punto de Información Catastral (PIC) e o centro do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

PIC (PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL)

No Concello de Xunqueira de Espadanedo recollemos a documentación que normalmente se leva á oficina do Catastro para aforrarlles aos veciños tempo e traballo, sendo así o Concello o seu intermediario. Así mesmo, facemos certificacións descritivas e gráficas de calquera ben moble e inmoble.

Cando a oficina do Catastro nos envía documentación relativa aos trámites dos veciños, facilitámoslle esta información aos interesados.

PXOM (PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL)

Toda a información sobre a aprobación definitiva do PXOM de Xunqueira de Espadanedo. Os interesados poden solicitar acceso ós datos relativos ás súas parcelas e propiedades e comprobar a catalogación dos mesmos.