Servizos sociais

SERVIZOS SOCIAIS

Programas de axuda, orientación e cooperación.

PRINCIPAIS SERVIZOS

Programa de orientación, asesoramento e información.

Actuacións de información, orientación e asesoramento ós individuos, grupos e colectividades, e a comunidade en xeral sobre os dereitos e recursos sociais existentes.

O estudio, avaliación e diagnóstico das demandas recibidas, derivación de casos e coordinación con outros profesionais e servizos.

DEPARTAMENTO ESPECIALIZADO

Sobre a oficina de servizos sociais do Concello.

Para o cumprimento dos obxectivos, os Servizos Sociais de Atención Primaria organizarán a súa actividade mediante o deseño, a execución, e a avaliación de distintos proxectos de traballo social.   

SERVIZOS SOCIAIS 

 Para o cumprimento dos obxectivos, os Servizos Sociais de Atención Primaria organizarán a súa actividade mediante o deseño, a execución, e a avaliación de distintos proxectos de traballo social.
  • 1. Programa de axuda no fogar

    1. Programa de axuda no fogar

    Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións desde unha perspectiva integral e normalizadora ós cidadáns no seu domicilio naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal. Realizaranse os seguintes tipos de prestacións :
    - Prestacións domésticas.
    - Prestacións de carácter persoal.
    - Prestacións familiares.
    - Prestacións técnicas.

    A axuda no fogar dirixirase prioritariamente a:
    - Familia.
    - Persoas maiores.
    - Minusválidos.
    - Infancia.
    - Drogodependentes.

  • 2. Programa de inserción social

    Programa de inserción social

    Ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos.

    Desenvolveranse as seguintes actividades:

    - Accións de promoción e participación social.
    - Accións dirixidas a facilita-lo acceso, permanencia e utilización dos recursos normalizados.
    - Xestiona-las prestacións económicas e sociais establecidas.

  • 3. Programa de animación, prevención e cooperación social

    Programa de animación, prevención e cooperación social.

    Ten por obxecto potencia-la participación das persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a vida social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado. Entre outras, destacariamos as seguintes actuacións:

    - Apoio ó desenvolvemento integral comunitario.
    - Fomento do asociacionismo e participación prestando o oportuno apoio técnico.
    - Promoción de grupos de autoaxuda.
    - Potenciación das organizacións de voluntariado social.

  • 4. Programa de convivencia alternativa

    Programa de convivencia alternativa

    Este programa ten por obxecto a oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situacións de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no seu propio fogar.

    Desenvolverá as seguintes actuacións:
    - Detección e análise da necesidade.
    - Xestión e seguimento dos casos.
    - Promoción de albergues, casas de acollida e cantos outros equipamentos ou servizos sexan necesarios para facelo efectivo.

  • 5 Programa de orientación, asesoramento e información

    Programa de orientación, asesoramento e información.

    Actuacións de información, orientación e asesoramento ós individuos, grupos e colectividades, e a comunidade en xeral sobre os dereitos e recursos sociais existentes. O estudio, avaliación e diagnóstico das demandas recibidas, derivación de casos e coordinación con outros profesionais.

NECESITAS AXUDA?

Se necesitas axuda ou coñeces a alguén que poda necesitar algúns dos servizos sociais que presta o Concello, poder poñerte en contacto connosco a través do seguinte formulario. Estamos para axudar.