SERVIZOS 
PARA

No Concello de Xunqueira de Espadanedo buscamos axudar a todos os veciños e persoas que gardan relación co noso concello. Sexades residentes ou non, dende o Concello prestamos unha serie de servizos encamiñados a facilitar trámites, respostas e calidade de vida.

Servizos para veciños

oficina de atención AO CIDADÁN

Ubicada no mosteiro de Santa María, esta oficina presta axuda e asesoramento a veciños e visitantes en materia de trámites, turismo e cultura.

servizos sociais

Accións encamiñadas a mellorar a calidade de vida e promover proxectos que incidan no benestar de todos os veciños.

URBANISMO. PXOM E pic

Oficina do Plan Xeral de Ordenación Municipal con información para os interesados. Ademáis, tamén somos punto de información catastral (PIC), realizando distintos trámites co Catastro e expedicións de certificacións dos bens inmobles. Así aforrámosvos traballo e viaxes innecesarias.

OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL (OMIX)

Expedición do Carné Xove e información de campañas (de voluntariado e xuventude, campamentos de verán, cursos, certames literarios, rutas de sendeirismo e neve, centros residenciais para estudantes etc.) 

DESCARGAS E TRÁMITES

Trámites e impresos online, así como información e descargas de axudas e subvencións.

PROPIEDADES EN VENDA/ALUGUER

Infórmate sobre as casas do Concello que están dispoñibles para a súa venda ou aluguer. Servizo de publicación gratuíto.

Servizos para a localidade

OBRAS E PROXECTOS

Acondicionamento, mellora e protección de estradas, xardíns e montes.

DDSc

Departmento de Dinamización Socio-cultural e marketing.