Galería multimedia.
Contidos incribles

TEMOS MÁIS DE 8.000, PERO PARECEUNOS DEMASIADO. VELAQUÍ UNHA SELECCIÓN.

GALERÍA DE IMAXES

PERCORRIDOS INTERACTIVOS

VISITAS VIRTUAIS E PANORÁMICAS

Mosteiro de Santa María
VISITA VIRTUAL

Unha viaxe ó corazón da identidade de Xunqueira de Espadanedo. Percorre un dos mosteiros máis visitados da Ribeira Sacra, construído no século XII e totalmente rehabilitado.

Museo-taller de olería de Niñodaguia
VISITA VIRTUAL

Pasea polo novo museo de alfarería de Niñodaguia, un lugar no que os visitantes aprenden o oficio tradicional dos oleiros ó tempo que quedan abraidaos coas súas obras.

Fornos comunais de Niñodaguia
VISITA VIRTUAL

Rehabilitados no ano 2011, estes fornos no termo de Niñodaguia son a pegada de séculos de historia de tradición oleira. Un lugar no que vivir a historia nun marco natural incrible.

"Casas Vellas"
VISITA VIRTUAL

Unha viaxe ó pasado. Agochado no inmenso verde dos montes de Xunqueira atópase este antigo pobo, habitado por última vez fai máis dun século. No ano 2010 o entorno foi habilitado para poder observalo e visitalo.

Fervenzas
PANORÁMICA INTERACTIVA

Un dos agasallos descoñecidos de Xunqueira de Espadanedo. Estas fervenzas son un espectáculo da natureza nun entorno natural incrible.

A Casa da Neve
PANORÁMICA INTERACTIVA

Na fermosura dos montes do Eirado, a preto de 1.300 metros de altitude, atópase esta construción con séculos de antigüidade. O seu fin era o de almacenar a neve para fins terapéuticos, así como para o seu consumo.

Vistas sobre o Río Sil
PANORÁMICA INTERACTIVA

Se non é o Paraíso, non está lonxe de selo. Na fronteira co Concello de Parada do Sil existe este lugar máxico dende o que se pode observar unha panorámica de toda a Ribeira Sacra.

O Eirado
PANORÁMICA INTERACTIVA

Un dos mellores representantes da beleza natural de Xunqueira de Espadanedo. A máis de 1.200 metros de altitude atópase este bosque de piñeiros que descende ata preto do núcleo de Xunqueira.

SPOTS TV E PROMOCIÓNS DE CAMPAÑAS TURÍSTICAS

VÍDEOS PROMOCIONAIS

Unha selección de vídeos do Concello

Para ir abrindo o apetito de Xunqueira, presentámosvos algúns vídeos promocionais e campañas turísticas que o Concello ten feito nos últimos anos. Agardamos que vos gusten.

1
PLAN ESTRATÉXICO DE TURISMO

Vídeo promocional oficial

Este é o vídeo oficial da campaña de promoción turística de Xunqueira de Espadanedo e do seu Plan Estratéxico para o Turismo.

2
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DE NIÑODAGUIA

Promoción pobo alfareiro de Niñodaguia

Esta campaña inaugura o proxecto de promoción do pobo alfareiro de Niñodaguia e o seu novo museo-taller de alfarería.