Patrimonio relixioso

Santuarios

Descúbreos.

Recursos dispoñibles

Patrimonio destacado en santuarios

M O S T E I R O   D E
S A N T A   M A R Í A

P E T O   D E   Á N I M A S
D E   P A R A D E L A

I G R E X A   D E
N I Ñ O D A G U I A

A C C E S O S  D I R E C T O S

Información

Descobre lugares sorprendentes e coñece todos os seus detalles para ser un experto en Xunqueira de Espadanedo.

Galería multimedia

Percorre as marabillas do noso municipio a través de contidos interactivos, esteas onde esteas.

Mapas

Localizacións xeorreferenciadas para que non te perdas nada cando veñas visitarnos.

+ Espadana

Completa a túa curiosidade sobre o noso patrimonio en websites dedicadas e plataformas especializadas.

INFORMACIÓN.

Todos os datos e información detallada para que o coñezas como a palma da túa man.

Arquitectura relixiosa


O municipio de Xunqueira de Espadanedo non é alleo á presenza tan marcada que a relixión tivo durante séculos en Galicia e que axudou a definir e influír na idiosincrasia da súa poboación.

A nosa localidade conta cunha ampla lista de patrimonio relixioso que, estando liderado polo mosteiro de Santa María, estende a súa tradición a elementos de diversa tipoloxía e estilo, tales como igrexas ou petos de ánimas, todas elas construcións de amplo arraigamento no carácter da Comunidade.

O mosteiro de Santa María


A rica historia do Mosteiro ou a fantástica arte que custodian os muros centenarios, fan do noso templo un lugar único en Ribeira Sacra. Se a iso unimos a oferta turístico-cultural desenvolta en torno ao cenobio ou o control do número de visitantes (capacidade de acollida) teremos no mosteiro Cisterciense de Xunqueira de Espadanedo unha cita ineludible co pasado monacal da Ribeira Sacra.

Para máis información sobre o mosteiro de Santa María, visita nesta web a súa sección oficial. Alí poderás atopar información de visitas, datos históricos, circuítos virtuais e moito máis.

Destacado

Peto de ánimas de Paradela

Coñéceo

No termo de Paradela atópase un antigo peto de ánimas. Estes pequenos santuarios son moi típicos en toda a xeografía galega.

Asentado sobre a base dunha pedra, da sección rectangular sae o seu corpo, de gran sobriedade, feito en sillería de granito, e sobre o que soamente destaca a cornixa superior moldurada, así como a base da capela, tamén con moldura.

O nicho ten un enreixado formado por tres ferros verticais, tendo o central un pequeno adorno.

No interior, carente de imaxe algunha, consérvase unha tapa de ferro que protexía as esmolas cunha fechadura. 

Datos interesantes

O significado dos petos de ánimas provén da crenza popular galega acerca da continuidade das ánimas despois da morte e da existencia dun paso intermedio (o Purgatorio) para poder alcanzar o Ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida.

Posiblemente de todas as construcións populares, os petos de ánimas sexan as que máis importancia dan ao Purgatorio.

A finalidade destes elementos é que os vivos poidan ofrecer unha esmola para a salvación das almas en pena que debido á súa estancia no Purgatorio non poden achar o descanso eterno, podendo grazas a este acto alcanzar o Ceo. Unha vez liberadas, intercederán a favor de quen fixo a ofrenda. Deste xeito, o ritual da ofrenda non só procura a salvación das almas dos mortos, senón tamén a da alma propia. A esmola ofrecida pode consistir en diversos obxectos como flores, cera, patacas, millo, pan ou aceite,4​ aínda que xeralmente esta é monetaria.


Un gran número destes pequenos altares eran construídos por devoción dun fregués ou polos veciños do lugar, portando algúns deles mensaxes destinadas a concienciar aos transeúntes que se topan con eles.

MAPAS.

Aquí podes atopalo.

M A P A  I N T E R A C T I V O

Arquitectura relixiosa en Xunqueira de Espadanedo

MULTIMEDIA.

Simplemente goza.

Visitas virtuais

Panoramas inmersivos en 360º

Galería fotográfica

Álbumes interactivos e fotografías

VISITAS VIRTUAIS

Panoramas 360º

Petos de ánimas

Selecciona unha das localizacións dispoñibles para disfrutar dunha visita virtual a través de panoramas interactivos en 360º

Peto de ánimas de Paradela

Panorama 1

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Descobre máis patrimonio material no noso álbum fotográfico.

Colección oficial do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

Álbum online interactivo

Como se o estiveras tocando.

Álbum PDF

Formato tradicional descargable.

+ Espadana

+ Espadana permíteche descubrir novos contidos sorprendentes e actualizados nas páxinas e canles oficiais do municipio ou dos nosos provedores.

Atópao todo en redes sociais, aplicacións e websites especializadas.

Plataformas e websites externas

Google Maps

Busca Xunqueira de Espadanedo en Google Maps para acceder a fichas especiais de información, localización e indicacións.

Google Street View

Arrastra a icona de Street View cando busques o noso municipio en Google Maps para descubrir imaxes panorámicas 360º aprobadas por Google.

Youtube

Atopa anuncios promocionais, documentais e vídeos interactivos do noso Concello na nosa canle oficial de Youtube.

Facebook

Toda a información, noticias e eventos de Xunqueira de Espadanedo, para veciños ou turistas, na nosa páxina oficial de Facebook

Ingenion®

Goza de todos os contidos multimedia desta web creados por Ingenion®, con acceso a versións ampliadas e proxectos especiais.

Bienvenidos a lo increíble™
Website desarrollada por Ingenion®
Ingenion