Patrimonio material

Casas da neve

Descúbreos.

Recursos dispoñibles

Patrimonio destacado en casas da neve

CASAS DA NEVE   E N   O   E I R A D O

A C C E S O S  D I R E C T O S

Información

Descobre lugares sorprendentes e coñece todos os seus detalles para ser un experto en Xunqueira de Espadanedo. 

Galería multimedia

Percorre as marabillas do noso municipio a través de contidos interactivos, esteas onde esteas.

Mapas

Localizacións xeorreferenciadas para que non te perdas nada cando veñas visitarnos.

+ Espadana

Completa a túa curiosidade sobre o noso patrimonio en websites dedicadas e plataformas especializadas.

INFORMACIÓN.

Todos os datos e información detallada para que o coñezas como a palma da túa man.

Casas da neve

Casas ou pozos de neve son algúns dos nomes que reciben as antigas construcións de pedra escavadas na terra dedicadas ao almacenamento da neve para a súa posterior transformación en xeo e o seu aproveitamento ou comercialización para usos terapéuticos, de conservación de alimentos ou fabricación de refrixerios.

Durante séculos, e ata o fin da Idade Moderna (s. XVIII), os neveros situados no noso municipio abasteceron de xeo á poboación e clero tanto local como provincial.

Abandonados desde hai 200 anos, actualmente consérvanse no noso municipio, grazas á súa recente recuperación, dúas " casiñas da neve".

Datos interesantes

A orixe destas estruturas hai que situalo na “Pequena Idade do Xeo”, definida pola NASA como o período de tempo comprendido entre mediados do século XVI e comezos do XVIII.

Desde 1550, e ata 1850, a temperatura media do hemisferio norte descendeu aproximadamente 1º C, derivando nunha maior cantidade de neve que chegou a serras de menor altitude.

Este feito impulsou, por parte das distintas institucións (fundamentalmente relixiosas e mosteiros cistercienses), a construción de “pozas” e “ neveiras”.

Existe documentación contrastada dos séculos XVII- XIX onde se informa da existencia de “pozos da neve” na Serra de Cabeza de Meda.

Durante séculos, e ata o fin da Idade Moderna (s. XVIII), os neveros situados no noso municipio abasteceron de xeo á poboación e clero tanto local como provincial, sendo dous deles propiedade do Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, un da cidade de Ourense, e o resto pertencentes a outros mosteiros da Ribeira Sacra, como o de Santa Cristina ou Santo Estevo, así como a particulares.

Construídas en pedra, existen dúas tipoloxías, aínda que son indisolubles e están estreitamente relacionadas. As “pozas” son estruturas anexas ás “neveiras”, tendo como fin a recolección da neve recentemente caída antes de que o sol ou a choiva a derritiesen.

Esta neve é a que se trasladaba posteriormente á construción adxacente co nome de “neveira” para ser almacenada, alternándoa entre capas de palla que axudaban á correcta preservación do xeo, algo esencial para o seu consumo e uso durante os meses estivais.

MAPAS.

Aquí podes atopalo.

M A P A  I N T E R A C T I V O

Casas da neve en Xunqueira de Espadanedo

MULTIMEDIA.

Simplemente goza.

Visitas virtuais

Panoramas inmersivos en 360º

Galería fotográfica

Álbumes interactivos e fotografías

VISITAS VIRTUAIS

Panoramas 360º

Casas da neve

Selecciona unha das localizacións dispoñibles para disfrutar dunha visita virtual a través de panoramas interactivos en 360º

Casas da neve en O Eirado

Panorama 1

Casas da neve en O Eirado

Panorama 2

Casas da neve en O Eirado

Panorama 3

Casas da neve en O Eirado

Panorama 4

Casas da neve en O Eirado

Panorama 5

Casas da neve en O Eirado

Panorama 6

Casas da neve en O Eirado

Panorama 7

Casas da neve en O Eirado

Panorama 8

Casas da neve en O Eirado

Panorama 9

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Descobre máis patrimonio material no noso álbum fotográfico.

Colección oficial do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

Álbum online interactivo

Como se o estiveras tocando.

Álbum PDF

Formato tradicional descargable.

+ Espadana


+ Espadana permíteche descubrir novos contidos sorprendentes e actualizados nas páxinas e canles oficiais do municipio ou dos nosos provedores.

Atópao todo en redes sociais, aplicacións e websites especializadas.

Plataformas e websites externas

Google Maps

Busca Xunqueira de Espadanedo en Google Maps para acceder a fichas especiais de información, localización e indicacións.

Google Street View

Arrastra a icona de Street View cando busques o noso municipio en Google Maps para descubrir imaxes panorámicas 360º aprobadas por Google.

Youtube

Atopa anuncios promocionais, documentais e vídeos interactivos do noso Concello na nosa canle oficial de Youtube.

Facebook

Toda a información, noticias e eventos de Xunqueira de Espadanedo, para veciños ou turistas, na nosa páxina oficial de Facebook

Ingenion®

Goza de todos os contidos multimedia desta web creados por Ingenion®, con acceso a versións ampliadas e proxectos especiais.

Bienvenidos a lo increíble™
Website desarrollada por Ingenion®
Ingenion