Patrimonio inmaterial

Festas

Descúbreas.

Recursos dispoñibles

Eventos destacados en festas

S Á B A D O   L O N G O

E N C O N T R O
I N T E R N A C I O N A L
D E   C A C H A R R E I R O S
E N   N I Ñ O D A G U I A

F E S T A S   P A T R O N A I S
D E   S A N T A   I S A B E L

A C C E S O S  D I R E C T O S

Información

Descobre lugares sorprendentes e coñece todos os seus detalles para ser un experto en Xunqueira de Espadanedo.

Galería multimedia

Percorre as marabillas do noso municipio a través de contidos interactivos, esteas onde esteas.

Mapas

Localizacións xeorreferenciadas para que non te perdas nada cando veñas visitarnos.

+ Espadana

Completa a túa curiosidade sobre o noso patrimonio en websites dedicadas e plataformas especializadas.

INFORMACIÓN.

Todos os datos e información detallada para que o coñezas como a palma da túa man.

Festas

O carácter dunha sociedade toma forma a partir das diferentes manifestacións culturais e de lecer que resaltan a historia e tradición herdadas, á vez que reflicten os anhelos e desexos dun sentir común.

En Xunqueira de Espadanedo contamos con festas tradicionais e eventos que se renovan cada ano para achegar ás vidas de veciños e visitantes un extra de emoción e diversión, á vez que se protexe e conserva o pasado obxecto de celebración.

DESTACADO

SÁBADO LONGO

Diferentes tradicións fálannos de que, tras a Coresma (40 días de contención), os mozos dos pobos daban renda solta ao desenfreo a noite do Sábado de Paixón. A madrugada do sábado ao domingo era aproveitada polos mozos para a esmorga, por iso esta franxa horaria recibía moitos nomes distintos, pero todos vinculados á festa e as trasnadas.

En Xunqueira de Espadanedo chamábase Sábado Longo (unha noite longa é unha noite de esmorga, por tanto “Sábado Longo” noite de festa e desenfreo), en Niñodagui,a segundo Tónino Álvarez Silvares, “ Noite dás Argalladas” e en Ombreiro (Lugo), segundo Manuel Romay López, os mozos «facían todas as trasnadas que podían, e que os maiores aceptaban como propias do día.

Era frecuente que os apeiros de labranza e mesmo os animais, desaparecesen do seu lugar habitual. O día no que a linguaxe relixiosa era o Sábado de Gloria, no lúdico, a noite convertíase na “ Noite dás trangalladas”.

  • Patrimonio inmaterial

Un exemplo de

Festas

Datos interesantes

Non só en Galicia o Sábado de Paixón era utilizado polos mozos do pobo para facer das súas. Parece que en Murcia, durante a noite do sábado ao domingo, os mozos agrupábanse en dous bandos, solteiros e casados, elixindo cada bando un “Alcalde” que tivera xurisdición sobre cada un dos dous bandos. «Pola mañá, cando os veciños comezan a chegar a praza, atópana tomada, debendo pagar un canon aos Alcaldes, que durante a mañá exercen o seu mandato. Os Alcaldes electos realizan numerosas bromas á conta dos veciños e recadan diñeiro, que se destina a cubrir os gastos da festa»

Con estes exemplos comprobamos que a nosa antiga tradición do # SabadoLongo ten similitudes con outras festas que se celebraban o Sábado de Paixón/Gloria tanto no concello, como en Galicia e mesmo máis aló do Padornelo, coa escusa de festexar o fin da Coresma e mesmo a promesa dunha próxima primavera.

O “Sábado Longo” diferénciase das outras celebracións en que segue vivo. Talvez non se desenvolva da mesma maneira, xa non son os mozos solteiros os que fan as trasnadas, os carros son traídos ao sagrado por distintas persoas do pobo e hoxe é unha festa na que participamos todos.

As tradicións, como os seres vivos, cambian, adáptanse aos tempos e as circunstancias e é ese cambio o que as mantén vivas.

DESTACADO

ENCONTRO INTERNACIONAL DE CACHARREIROS

Cada ano, a mediados de agosto, a aldea de Niñodaguia, coñecida internacionalmente pola súa tradición e repercusión na olería tradicional, serve como punto de encontro de profesionais e apaixonados desta forma de arte.

Tomando o museo-taller de cheiraría como eixo vertebrador das distintas actividades programadas, Niñodaguia convértese no epicentro da difusión e posta en valor de cheiraríaa, contando con exhibicións dalgúns dos mestres que continuaron a tradición adaptando as técnicas e estilos aos novos tempos.

Co obxectivo de espertar interese nos asistentes e crear neles unha perspectiva de protección e admiración por este oficio xa case desaparecido, o éxito deste encontro maniféstase nas numerosas edicións consecutivas que se foron celebrando ao longo da última década.

Un evento que ninguén debe deixar escapar e que merece ser marcado no calendario.

  • Patrimonio inmaterial

Un exemplo de

Festas

MAPAS.

Aquí podes atopalo.

M A P A  I N T E R A C T I V O

Festas en Xunqueira de Espadanedo

MULTIMEDIA.

Simplemente goza.

Galería fotográfica

Álbumes interactivos e fotografías

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Descobre máis patrimonio inmaterial no noso álbum fotográfico.

Colección oficial do Concello de Xunqueira de Espadanedo.

Álbum online interactivo

Como se o estiveras tocando.

Álbum PDF

Formato tradicional descargable.

+ Espadana

+ Espadana permíteche descubrir novos contidos sorprendentes e actualizados nas páxinas e canles oficiais do municipio ou dos nosos provedores.

Atópao todo en redes sociais, aplicacións e websites especializadas.

Plataformas e websites externas

Google Maps

Busca Xunqueira de Espadanedo en Google Maps para acceder a fichas especiais de información, localización e indicacións.

Google Street View

Arrastra a icona de Street View cando busques o noso municipio en Google Maps para descubrir imaxes panorámicas 360º aprobadas por Google.

Youtube

Atopa anuncios promocionais, documentais e vídeos interactivos do noso Concello na nosa canle oficial de Youtube.

Facebook

Toda a información, noticias e eventos de Xunqueira de Espadanedo, para veciños ou turistas, na nosa páxina oficial de Facebook

Ingenion®

Goza de todos os contidos multimedia desta web creados por Ingenion®, con acceso a versións ampliadas e proxectos especiais.

Bienvenidos a lo increíble™
Website desarrollada por Ingenion®
Ingenion