DESTACADO

A alfarería de Niñodaguia.

Características

TRADICIÓN E MODERNISMO OLEIRO

O Concello de Xunqueira de Espadanedo ten na súa demarcación a aldea de Niñodaguia, que constitúe o último reduto da artesanía oleira ourensá. Niñodaguia é o berce dos grandes creadores de formas co barro e a arxila. Dende séculos os seus artesáns adicáronse a moldear o barro, elaborando así diferentes utensilios para o uso doméstico e cotiá, sendo utilizados nalgunhas ocasións como elementos ornamentais. A tradición transmitiu de xeración en xeración as técnicas e os modos propios da zona

"BARRO AMARELO" ÚNICO NO MUNDO

Os cacharreiros de Niñodaguia, coñecidos tamén como xarreiros e calleiros, mantiveron a súa olería tradicional grazas a que a beta de arxila do Monte do Barro, na termo da Veigachá, parece non ter fin. Esta arxila confire a cor amarela dunha parte importante da súa olería.
O barro vermello emprégase para a louza que tiña que soportar o lume, introducido arredor do 1920 por un cacharreiro coñecido por “O Luíntra”, que traballaba no inverno de afiador en Castela.

A ACTUALIDADE DA ALFARERÍA DE NIÑODAGUIA

As últimas xeracións de oleiros están a dar entrada a novas formas nas súas creacións que conviven coas tradicionais. Na actualidade consérvanse tres fornos comunais exteriores recentemente restaurados, e por suposto, as dúas alfarerías que conforman a realidade alfareira actual.