Benvido. Concello de Xunqueira de Espadanedo Website de servizos ó cidadán e información turística Saúdo do alcalde O alcalde, Carlos Gómez Blanco, e toda a corporación municipal de  Xunqueira de Espadanedo danlle a benvida á nova web do Concello: “É para min un pracer poder estar en contacto  con todos vós a través desta nova páxina web.  Internet é actualmente a maior porta da información,  creando un universo de oportunidades que  engrandece a creatividade do ser humano e amplía  horizontes a todas as persoas. Por iso querémosvos  amosar o que somos e o que queremos ser.   Estamos inmersos nun importante proxecto de  planificación e promoción turística, creando unha  imaxe innovadora e deseñando novas estratexias de marketing que nos están a converter  nun Concello pioneiro en accións deste tipo, e todo cun único obxectivo, o cal non é outro  que progresar conxuntamente con todos aqueles que vos interesades por Xunqueira de  Espadanedo.   Con este novo proxecto web, achegaremos información que vos valla para cubrir as  vosas necesidades e intereses e mellorar neste proceso de contacto máis cercano.  Agardamos que gocedes cos seus contidos.”   Carlos Gómez Blanco. Alcalde  © Concello de Xunqueira de Espadanedo 2011
O VÍDEO PROMOCIONAL COMEZA NUNS INTRES En portada: O encargado do Plan Estratéxico para o Turismo de Xunqueira de Espadanedo fala acerca das iniciativas deste proxecto pioneiro. Faga click AQUÍ para ler a noticia. En portada: O museo-taller de olería de Niñodaguia servirá prara formar a futuros alfareiros e permitir que se conserve este oficio centenario que forma unha importante parte da cultura de Xunqueira Lea a noticia AQUÍ.